O Panel/Ferramentas

Para empezar, date de alta no WordPress seguindo este enlace. Enche teus datos de enderezo electrónico, nome, seña e o nome que desexas para o teu blogue. Podes crear cantos blogues queiras, pero se considerada e non ocupes enderezos que outra xente podería querer  utilizar se ti vas a telo sen uso.

Agarda uns segundos a recibir o email que confirme a veracidade do teu enderezo electrónico, e accede á plataforma cos datos que aportaches anteriormente.

Accede a plataforma e preparate a escribir. Abre este post nun navegador, e si dispós de outro instalado abre teu flamante blogue no outro navegador. Poderás ir facendo probas da escrita e lendo ó mesmo tempo alternando os navegadores mediante a combinación de teclas Alt+Tab.

panel word pressO Panel do WordPress:

Atopase na beira esquerda do escritorio e contén todos os elementos para desenvolver e persoalizar o noso sitio.

Na medida que vaiamos avanzando na creación do noso blogue, habemos de ir debullando polo miudo cada unha das pestanas e as posibilidades que nos prestan.
A xeito de achegamento, enumero cada pestana e súas funcións.

  • Panel: Xestión de comentarios, estatísticas, aceso a todos teus blogues, estatísticas askimet e buscador para non sair do sitio.
  • Tenda: Lugar onde xestionar elementos de pago como temas premium, liberar a publicidade, ampliacións de espazo…..
  • Xestión de artigos, categorías e etiquetas.
  • Biblioteca Multimedia: O lugar onde temos aloxados nosos diferentes obxectos multimedias (videos, imaxes, sons…)
  • Ligazóns: Xestión de ligazóns. Non me preguntedes mais… non o teño nada claro. Deixamolo ahí ata a vindeira… a ver si me entero.
  • Páxinas: Xestión das páxinas do noso blogue.
  • Comentarios: Dende este lugar aprobamos ou rexeitamos os comentarios feitos nas entradas do noso sitio.
  • Feedback: Atopamos os comentarios e valoracións do noso blogue, e tamén o resultado das enquisas que levamos feito nas nosas entradas
  • Apariencia: Todo o relacionado coa persoalización do noso tema favorito. fondo, widgets, menues etc.
  • Usuarias: A xestión das usuarias do noso site.
  • Ferramentas: Opcións de verificación e control do noso site e lugar onde definir as ferramentas de seguemento aceptadas polo WordPress.
  • Preferencias: Definición de diversos formatos menores (data, hora etc)

Imos ir entón o menú artigos, engadir artigos. Por algún lado hai que empezar, e que mellor que facelo estrenando noso taboeiro de artigos, que para iso viñemos ó WordPress…..

A barra de ferramentas do editor do  WordPress:

ferramentasNa parte de arriba miramos 3 caixas. Veño de utilizar a primeira para incluir esta imaxe. sirve para incrustar debuxos, videos ou multimedia en xeral.

A seguinte deixanos incluir unha enquisa e o outro un formulario de contacto.

Como si fora calqueira editor de texto, a caixa de ferramentas formateanos as verbas en negriña co B, Itálicas co I, podemos facer listas numeradas ou punteadas, as comiñas son para inxerir citas, a raia para facer unha liña horizontal,


xuxtificamos o texto a esquerda, centrado,  ou dereita. Logo está a inserción de hipervinculo (e a rotura), a quebra de páxina para ocultar parte do post, o corrector ortográfico e o símbolo sinalado coa flecha desplega as opcións ocultas do menú:

Parágrafo que indica o tipo de corpo de texto que vas a usar, onde parágrafo é o texto por defecto.

Suliñado, xustificado total, cor do texto, ferramenta para pegar dende Word formateado, a goma para eliminar formato, Omega para inserir caracteres especiais (♥), ferramengtas de sangría, desfacer e refacer e os atallos do teclado que podes utilizar para acelerar o proceso da escrita.

Ves a man dereita duas pestanas identificadas con Visual e HTML. Por defecto aparece visual, onde ves o que escribes e tal e como o vas obter.

A pestana HTML ( O HTML ou Hiper Text Mark Linguage) é unha lingoaxe de marcado utilizada para producir páxinas web.
Fai click no Link preivo. O HTML é un elemento necesario para crear un blogue e que se achegue, en ocasións, ó que pretendes. Non necesitarás er unha experta, pero non terás mais remedio que coñecer algúns conceptos básicos.
O HTML é útil para algunhas operacións de edición nas cales o contido quedará invisible por tratarse de ordes interpretadas polo servidor do teu blogue.
Os xustificados, os enlaces, as cursivas e negriñas, por exemplo son comandos nesta lingoaxe que podense ver e modificar dende a súa pestana correspondente. Todo sexa dito, o editor visual as veces non actúa exactamente como nos quiseramos, e compre acudir a edición de “baixo nivel” para arranxar o aspecto.

Introduce algún texto  no teu blogue e formateao. Pisa a pestana HTML para ver que é o que de verdade estás escribindo. En ocasións necesitarás acceder para afinar a edición do teu traballo.

ferramentas wordpressVolvo empregar o comando “Engadir multimedia” para engadir a foto da esquerda.

Se queres abandoar a sesión pulsa gardar borrador; se pola contra desexas observar como queda teu traballo na vista de lectura fai click en vista  previa.
Cando o fin estés satisfeita co aspecto que ten teu marabilloso post, click en publicar.

Si tes contas en outras Redes Sociais, cicais queiras partillar teu contido nelas en canto remates unha edición.
No Enlace “Divulgar” podes partillar túa entrada en Facebook, Google+, Twitter, Linkedin, Tumblr e Path de xeito inmediato en canto remates túa publicación.

Evidentemente partillar túa publicación nas diversas Redes sociais fará que teu contido teña un maior alcance.

As categorías e Etiquetas:

Parte do traballo de edición de un artigo ou post é categorizalo, non só para que os buscadores o atopen e mostren teus contidos nos resultados de busca, senon tamén para axudarte a ter os teus contidos organizados e axudar ás túas visitantes a atopar termos relacionados con determiñado concepto.

Agora que ainda estamos facendo un esquema do noso blogue (porque ti tamén o estas facendo, ¿non?) é un bo momento para estructurar cales van a ser as túas categorías e etiquetas.

A definición de categoría sería unha división dos teus posts en varios asuntos ou carpetas que permitirían unha organización que ti categoriasmesma defines para o contido, ainda que solo sexa por saber en que carpeta se atopa o material. Esta división permitirá tamén que as usuarias teñan acceso a artigos de unha categoría determiñada a que eles desexen acceder.

As etiquetas complementan a organización das categorías e deben ser vistas como subcategorías ou subcarpetas para a orgaización do teu contido.

Nelas a información deberá ser segmentada por detalles menores; non menos importantes, nas que podemos matizar ou subdividri ós temas da nosa bitácora. As etiquetas podense utilizar en mais de unha categoría.
Podes ademais empregar subcategorías, colgandoas de unha categoría Pai.

Un exemplo:

Blogue >> Mamiferos
Categorías Pai>> Viviparos, Oviparos.
Categorías Fillas>> Terrestres, acuaticos, voadores.
Etiquetas: África, Oceanía, América…

Efectivamente. Un blogue é unha especie de libro organizado por capiduos (posts) e temas. É unha boa idea que te deteñas un bocado a pensar como vas estructurar túa bitácora. A ti facilitaraseche o traballo e as túas lectoras estaranche agradecidas de que lles facilites a navegabilidade.

Pareceuche interesante este post… ou ainda estás a pensar cales on os mamíferos oviparos??
Xa pensaches na organización que vaslle dar os teus textos? Definiches xa as categorías, subcategorías e etiquetas?
cómo? Non.. eu  ainda non o fixen…. pero estou en elo.

Webgrafía:

Como organizar correctamente categorías e etiquetas. Bruno rodrigo.

Categorías. Axuda do WordPress.com.

Advertisements
Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Publicado en Apariencia, Edición, Trucos
Un comentario en “O Panel/Ferramentas
  1. […] proporcionanos un Editor de Texto, no cal podemos mirar o código HTML de cada un dos teus posts e páxinas. Alternando entre o […]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation