Difundindo o blogue

Meta-search-es
É posible que non estés satisfeita co aspecto do teu blogue e apetezache empezar a xogar coas plantillas e co aspecto.

Se vou deixar esta parte para un pouco  mais adiante é porque as plantillas son excluintes no que se refire a presentación, disposición de menúes e widgets; polo que o meu entender vale a pena ter unhas cantas entradas feitas para ser quenes de facernos unha idea de cal vai a ser o aspecto final da bitácora; e existe unha razón a maiores:
Cando menos eu quero deixar preparadas un par de cuestións antes de poñerme a ver o bonito que queda.
Desexo colocar un formulario de contacto para que calqueira persoa poida preguntar (ou maldecirme se o desexa), isto no vindeiro post, , e tamén quero decirlle ós buscadores que teñan en conta que existe unha bitácora nova chamada aprendermos.wordpress.com a cal deben prestar atención para poder aparecer nos resultados de busca (con maior ou peor fortuna).
Tamén quero preparar unha páxina á cal enlacese con unha pestana na cal colocar o índice temático, onde poidamos acceder secuencialmente ó material.

Alta do blogue nos buscadores:

Ainda que poderíamos deixalo para mais adiante, (as puristas dirán que non debemos facelo ata ter o blogue rematado) como queira que os buscadores tardan ata semanas en indexar o noso sitio, vou empezar por ahí.
Canto antes mellor. Os buscadores compre educalos para que se acosumen a nos, e vaian colocando as nosas verbas chave nos seus directorios para que nos amosen cando alguén pregunta por elas. (Esta é miña opinión… ti podes agardar a ter o blogue completo para dalo de alta nos buscadores) …

(Eu estou dando a alta neste intre, mentras escribo)

Baidu

Baidu é o buscador chino por excelencia, alí onde non cabe nada do que se nos pasa pola cabeza neste anaco de mundo. O poño para que lembrar que noso embligo non é o centro do planeta, e está de primeiro  porque isto vai por orde alfabético.
Para dar de alta teu sitio en Baidu vai a http://zhanzhang.baidu.com/sitesubmit/index, e que os interpretes axudenche!!!!

Bing

É o motor de busca compartido por Microsoft  e Yahoo.
Para dar de alta teu enderezo web, vai a http://www.bing.com/toolbox/submit-site-url.

Dmoz Tools

Dmoz é a base de datos sobre contidos da Web clasificado por humanas mais estendida. Tanto polas súas estrictas políticas editoriais como pola intervención humana proporcionan a comprensión necesaria para o descubremento de recursos Web.
Denominado OPD (Open Directory Project) provee servicios de directorio esenciais para os motores de busca mais populares.
Darse e alta en DMOZ ten un pouco de odisea, pero si se consigue que o sitio se dé de alta, é un gran obxectivo cumplido.
Para darte de alta, visita http://www.dmoz.org/docs/en/add.html, sigue os pasos e coidate de poñer a túa web na categoría axeitada.

Google Webmaster Tools

Cada vez que rastrexa a web, Google vai engadindo novos sitios ó seu motor parra facelos visibles. Dar de alta o sitio non garantiza que vaia a aparecer nos resultados de busca… como sempre, nada garantizado. Pouco se perde con tentar que as “arañas” do superbuscador teñante en conta; o fin e o cabo, a gran maioría das buscas na Internet realizanse a través dos seus motores.
Para dar de alta teu sitio, vai a https://www.google.com/webmasters/tools/submit-url?pli=1.

Jayde

Jayde é un directorio revisado enteiramente por humanas, adicado a poñer en contacto a profesionais con profesionais. Si teu blogue vai estar adicadi os negocios e desexas poñerte en contacto con outras profesionais, posiblemente teñas interés en dar de alta o teu blogue neste sitio.
O enderezo para dar as altas en Jaide é http://www.jayde.com/submit-site.html.

Pingmyurl

O ping é un sistema que se usa para notificar ós servidores de que o contido de un blogue foi actualizado. Os servizos multiping permiten emitir varias sinais de actualización a un feixe de servidores.
O mais interesante de facer Ping é comunicar ós motores de busca que os nosos contidos están actualizados para que os indexen con rapidez. Óbviase decir que noso blogue debe estar dado de alta previamente nos motores de busca para ser actualizado.
En definitiva, en canto acabes unha nova publicación, recorda usar o servizo de Pingmyurl, poñendo o enderezo completo do post que rematas de publicar.

Scrubtheweb

Scrubtheweb ofrece un xeito diferente de buscar na web, xa que indexa cada unha das páxinas do sitio individualmente, dandolle maior relevancia, e tendo todas elas as mesmas posibilidades de aparecer nos resultados de busca.
A identificación, indexación e catalogación dos sitios web e blogues debe realizalos o usuario dando de alta cada páxina, podendo enviar un máximo de un enderezo diario por enderezo electrónico rexistrado.
Para dar de alta teu site, visita http://www.scrubtheweb.com/addurl.html.

Yandex

Non é ningunha broma. Si escribes en ruso ou para a esfera da ex-URSS podes ter interés en dar de alta eu site neste buscador. Que saibas que no seu feudo é moito mais utilizado que Google Rusia; e como son moi osada…. pois alta o canto. Pareceume moi interesante o buscador. Aproveito para engadilo na miña lista …. É talmente como un guguel, co seu servizo de correo, seu servizo de traducción en liña e mais seu sistema de almacenamento na nube, con 10 Gb de balde.
O site para as altas é https://webmaster.yandex.com/addurl.xml.

Espero terche dado material dabondo para foscallar e deixar os ollos chorando de tanto mirar para o monitor, pero si ainda queres atopar mais directorios onde dar de alta teu flamante blogue, podes visitar a páxina de Omnibius. (Aclaro que algun dos directorios pediranche un link a cambio, e que pode ser que algún dos enlaces non funcione…. pero isto é parte do xogo.)¿Cómo miras a cuestión? ¿Estás xa a facer a túa primeira entrada? ¿Estás xa co tema das altas?

Comenta, por favor todo aquelo que desexes; axudarás a enriquecer esta  bitácora!!! ( e a autora quedarache moi, koi agradecida (XD·)

Webgrafía:
Cómo dar de alta nuestro blog en directorios. Juanjo Fernandez. (ICMD)

Advertisements
Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Publicado en Edición

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation