A apariencia do noso WordPress

A apariencia do teu WordPress

Os diversos menues da sección Apariencia permitenche trocar o xeito como o teu sitio se ve e se comporta.
Dependendo do tema que estés a usar no teu sitio pode ser que teñas acceso a determiñados menues que non aparezan eiquí descritos, ou que aparezan opción diferentes. Isto debese a que certas opcións da Sección apariencia están controlados polo tema elexido.

Seleccionar un tema

menu temas wordpressCando fas click na opción do menú apariencia amosarase a pantalla predetermiñada dos temas. O tema activo no momento no cal accedes atopase na parte superior esquerda da pantalla. Os demais temas que ves están instalados pero non están en uso.
Decataraste que na esquina dereita existen tres pestanas que indican todo (por defecto), free e premium. Os temas premium son de pago; nos -eu- vou valorar solo os temas que non teñen coste económico.malo será que entre 159 plantillas dispoñibles ningunha delas faganos xeito. Atoparedes que algúns dos temas piden pago para utilizar todas as características, pero ainda así, para facer os primeiros “pinitos”, non  nos será necesario acudir á esas opcións.

Para mirar unha vista previa do sitio con outro tema (que non teñas activo actualmente) podes facer click no botón vista previa que está asociado a cada tema.
Mentras se amosa a pantalla de vista previa terás a posibilidade de visitar as distintas páxinas do tema seleccioando, así como facer cambios nel para ver como che quedan.

Para elexir outro tema desplaza o punteiro do rato enriba da imaxe do tema que queres activar, e fai click no botón activar que aparece abaixo.

Previsualizar e persoalizar un temawordpress menu personalizar tema

Así como podes previsualizar un tema, tamén podes actualizar varias opcións mentras visualizas os trocos en tempo real. As opcións que poidas modificar dependerán de cada Tema en cuestión.

Eu decantome polo tema Responsive, de CyberChimps, porque pareme que se adapta moi ben ó telefono móbil, deixa trocar a configuración de cores tanto no tiduo do blogue como no fondo, e pareceme adecuado tamén para unha bitácora especialmene baseada no texto como é esta; e vai ser en función deste tema que vou a amosar os pasos dados para facer a configuración.

No menú podemos ver:

Custom Desing (Diseño persoalizado):

Esta é unha opción de pago, onde podense realizar modificacións do tipo de texto e cores, así como persoalizar as cores do sitio e mais tocar o código fonte para modificar as páxinas. Tanto a opción de pagar (¡!) como a de tocar o CSS están moi lonxe das pretensións iniciais deste blogue. Pasopalabra.

Cores:

Podemos modificar dende este elemento do menú a cor do fondo e mais do texto da cabeceira. Proba con eles ata que te atopes a gusto. Pode ser que mais adiante queiras cambialos…. tamén poderás facelo en calqueira momento.

Cabeceira:

Este tema permitenos incluir unha imaxe na cabeceira…. e a miña opción e meterlle unha. Eu vou creala con Inkscape, que é un programa con licenza GPL e accesible para diversos sistemas operativos.  Agora me poño con ela. O tema recomenda unha imaxe de 300*100 píxeles. Vou ver que tal queda.

Pois o que fixen foi manter o ancho da imaxe en 100 px, pero o longo é de 1000, de xeito que me cubrira toda a parte de arriba. Polo de agora eu vouno deixar deste xeito; se mais adiante queremos modificar a imaxe da cabeceira podemos facelo en calqueira intre. A ver, seguinte.

Portada:

Nesta opción escollemos que vai a atopar a visitante cando chegue a teusitio.wordpress.com. Pode ser un lugar onde ti amoses un contido estático ou ben que aparezan os artigos que ves de publicar.
Si optas por un sitio estático o razonable sería que puseras un índice, un formulario de contacto, enlaces ós teus diversos servizos…. bueno, realmente o que ti creas que é interesante según o teu xeito de traballar. Cando fixen o pequeno “borrador” de crear un blogue de ẂordPress dende cero, (en ese momento), considerei que era importante que as persoas chegaran ó índice temático do blogue, hoxe entendo que debe ser de outra forma mais dinámica onde as chamadas a acción estén repartidas ó longo das entradas.
Non te agobies tampouco. Fai unha valoración rápida e opta polo que consideres; terás tempo a remodelar a estructura antes de chegar ó Top Ten.

Titulo do Sitio:

Pois en este apartado poñemos si queremos ver  o tíduo do sitio, e se queremos que apareza un subtitulo. A miña opción o poñer a imaxe é non amosar texto na cabeceira.
Tamén temos a opción de incluir o logo da nosa tenda, negocio ou ONG.
Valora que estas imaxes as veces ocupan demasiado espacio na parte superior da pantalla e as visitantes teñen que facer scroll para chegar ós textos. Calqueira opción é boa si te sintes a gusto.
Proba, accede dende diferentes dispositivos ó teu flamante blogue e avalía como che resulta mais interesante ou ti te sentirías mais cómoda na pel da letora.

Opcións do Tema:

Pois como non sei exactamente a que se refire o de Blog Post Excerpts e mais o de     Enable Breadcrumbs, o deixo como está. Si ti o coñeces comentao, grazas.
Aproveito para sustituir o “Read More” (en galego norteamericano) por un Leer mais, para cando poñamos unha rotura no artigo que se entenda mais en galego do Noroeste peninsular ibérico.Por non variar, mais adiante poderemos trocar estes valores por uns que creamos mais adecuados ou mais mellores.

Social Links:

Este pareceme un apartado crucial. Enchendo estes apartados damoslle acceso ás nosas lectoras ó resto dos nosos perfís públicos de xeito que si lles caemos en gracia nos sigan ata o mundo de Yuppy e de “Nunca Xamais”. Deixa que che venza a soberbia e enche todos e cada un dos apartados ahí presentes.
Ben… é certo que ainda non sei onde van a aparecer estes links, pero si non recordas, estou a crear este blogue a medida que o vou contando.
Por non variar sabemos que poderemos modificar os aspectos posteriormente, así que polo de pronto, eu cubro os meus enderezos, e logo, xa se verá.

Widgets:

No apartado Widgets (trebellos)  tamén imos votar un bo bocado. Tratase de colocar na barra lateral os enlaces e “cacharros” que consideremos mais interesantes.

widgets wodrpressComo verás cada un dos trebellos teñen unha serie de posibilidades de organización. A medida que vaiamos avanzando iremos mirando as posiblidades de cada un deles.

No apartado engadir Widgets, poderemos meter algúnhas posibilidades relacionadas co blogue, con nos mesmas ou con outros perfís das redes sociais. Polo de hoxe, vounos deixar como están, ainda que recoñezo ter un interese grande en todos aqueles trebellos que amosen caras de xente, xa que as persoas sentimonos mais acompañadas se vemos rostros de persoas engadidos nos lugares.
Algúns exemplos de temas aplicados:

Dynamyc News: Blogue de @alfredovela  do cal gostoume o diseño. Ademais sempre ten un algo nutritivo para amosarnos. (1)

Skeptical Teme: Un boceto en español deste mesmo blogue.

Twenty Fourteen: Un artigo de Juan Carlos Vicente que encantoume… e aproveito para poñer o tema como exemplo. Se eres PeME, farache reflexionar o texto, se solo estás diseñando o blogue, verás que é unha interesante posta en escea.

Untitled Theme: O blogue do Artista Luis Cambeiro.

Tema Mystique: Un borrador para un blogue persoal.

Como vedes as posibilidades son moitisimas, e todo dependerá do voso gusto, ainda que é certo, que algúns temas dispoñen de alguns elementos dos que outros carecen.

¿Cal é o teu tema favorito? ¿Preceche moi complicado de pilotar un WordPress? ¿Cal vai ser a temática do teu blogue?
Da a túa opinión na zoa de comentarios, e si cadra que por razóns persoais ou familiares non podes escribir o tue propio blogue, eu podo axudarche. Solo enche o cuestinario de abaixo e poreime en contacto axiña contigo.

Actualizado:

(1): 20141010
_

Advertisements
Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Etiquetado con: ,
Publicado en Apariencia, Temas, Trucos
2 comentarios en “A apariencia do noso WordPress
  1. […] Todo o relacionado coa persoalización do noso tema favorito. fondo, widgets, menues […]

    Gústame

  2. […] o Tema que elexiches para o teu blogue é compatible co sistema de Menues,  poderá crear e organizar unha serie de […]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation