Crear unha plantilla

As plantillas no Word Press.

Cando imos creando noso blogue, acaba ocurrindo que determiñados contidos repitense en todos os posts, (no meu caso é o formulario de contacto, a licenza … que ainda non lle metín, e mais a reseña para o Google Authorship, que é unha característica que fai que teu nome apareza asociado ós lugares -blogues ou webs- cos que colaboras).

A intención deste post é crear unha entrada que manterase como borrador, a cal sexa a base das nosas futuras entradas e non ter que repetir os elementos comúns.

En último caso, e para non variar, a plantilla pode quedar creada e ila modificando na medida que vaias necesitando (ou atopando) novos elementos.  Cicais queiras ter unha imaxe estática en cada entrada, ou un texto común para todos os posts. Como sempre é teu gusto o que manda… eu mentras tanto, vou crear a miña base  coa licenza Creative Commons, o formulario de contacto e o susodito Google Authorship.
A maneira mais doada de verificar tua autoría ante Google + é usar este anaco de HTML:
“<a href=”[profile_url]?rel=author”>Google</a>”
 onde “profile_url” é a URL do teu perfil no Google plus.

Outro elemento que desexo meter, é un formulario de contacto.

Naturalmente si escribo este manual é para que a xente o coñeza, pero desexo darlle oportuniadade a calqueira para que pregunte algunha dúbida que lle xurda, e sobre todo que se suscriban as actualizacións do blogue.
Xa miramos cómo crear un formulario neste post anterior.

E por penúltimo, na miña plantilla, vou por un licenzamento dos contidos coa licenza Creative Commons (Creacións comunitarias), que permita a copia, difusión e modificación dos materiais escritos incluso se é con ánimo comercial. (1)copiar un artigo

En canto teñas introducidos todos os elementos que consideras importantes ou necesarios para aparecer en todas as páxinas, garda o borrador como plantilla (ou o nome que ti desexes, of course).

Todo o que debes facer logo é ir o menú lateral (panel), facer click en copiar un artigo e escoller o artigo que queres empregar (plantilla).
Acto seguido comenzar a editar e gardar con un novo nome. ¿Doado, non?

Cousas do SEO.

Unn borrador é mais que unpequeno ficheiro que nos dice que elementos fixos temos que meter. Debenos indicar tamén cal é a estructura que debemos manter nas nosas publicacións, de xeito que manteñan certa congruencia entre elas e estén dotadas de un estilo tipo “pelicula”, onde existe unha presentación, un desenvolvemento do tema ou corpo e un final ou conclusións.

Debemos polo tanto diseñar unha estructura creativa para cada post, e adecuala ó tema que teñamos elexido. Digo isto porque en función del poderedes ter predilección polas fotos (cando non obligración), ou por determiñados tipos de mensaxes ou de destacar unha imaxe.

Como norma xeral (vou incluir isto no meu borrador) un artigo debe estar composto por :

Titular:
Todo o killer e breve ue poidas. Chamadas ás emocións ou urxencia. “X cousas”, “Mellores teléfonos táctiles” “Android fácil”, “barato”, “arregla xa” “solución para o virus”

Subtiduos (H2,H3, ·,…H6..)

Corpo: Contundente e documentado.

Imaxe: De fonte propia ou de fonte Creative Commons. Impactante. Lembrar cubrir o campo Alt,

Conclusión: 300 caracteres resumindo o artgo.

Chamadas a acción: Pedir seguemento, consultas, ofrecerse para dúbidas…..

Bueno… despois de todo este palabreo, eiquí vedes como me queda a plantilla provisional.

¿Ti estás preparando a túa? ¿Estás creando teu blogue con WordPress?  Dinos o enderzo para poder visitalo….

Este pequeno taller en liña quere axudarche a que crees o teu propio blogue con WordPress para poñer teu negocio visible na Internet.
Se por razóns persoais ou familiares non tes tempo, contactame. Podo axudarche.

Licencia Creative Commons Crear unha plantilla en WordPress,   por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

(1)  Respecto á cultura (soft) libre e a licenza GPL
Creo que esta non é unha cuestión subxectiva, e que a aposta polas licenzas GPL (no sentido de Licenzas Xerais Públicas) debe ser unha bandeira enarbolada dende as ONG’s e Comerciol local.
Por unha banda a reducción de costes en licenzas que ainda incluen (falo a 141010) supoñen costes en ocasións inadmisibles para ambos sectores.
Por outra banda, está o concepto de liberdade. a licerdade de modificar o código do programa ó noso antoxo, igual que deberíamos ter dereito a reconstruir unha parede da casa sin pedirlle permiso a ninguén.

O texto íntegro da licenza Creative Commons, se tedes a curiosidade, podedelo ler neste enlace da wikimedia,

Texto da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 3.0

Cicais creades que teño unha especie de obsexión desmedida coas cuestións relacionadas coa autoría e as políticas de ©, mais considero esta unha cuestión básica, o dereito de que a cultura permaneza libre por unhas cantas razóns, que son miñas, e en canto tales, irrefutables:

  • O que eu coñezo, neste caso este pequeniño manual, non provén da miña testa sola. Parte do coñecemento transmitido o longo de meses que eu levo lido arredor do WordPress. Non podo decir que o material sexa meu, ainda que teñao interiorizado e expreseo do meu xeito. Estes coñecementos pertencen a comunidade, e nela deben quedar. Por outra banda, conforme eu recibin os coñecementos e os transmito como boamente podo, desexo que este coñecemento sexa transmitido se fixera falla para outras persoas.
  • Quero que a licenza permañeza, que si alguén usa este pequeno traballo con fins comerciais, incluso, non poida limitar a difusión dos textos. É por elo que a licenza obriga a que si reusas ou vendes estes materiais, debas permitir que calqueira logo os reutilice ou atope lucro neles. Ninguén pode quedarse coa obra que é propiedade da comunidade.
  • Outra razón pola que licencio baixo Creative Commons, (Creacións comunitarias) , é que a estas alturas, está en trámite parlamentario unha modificación da lei da Propiedade Intelectual que vai a permitir que os sicarios da Asociación Española de Editores de Prensa, por medio dos seus filibusteiros brazos político-armados CERDO… ups, perdón, CEDRO e SGAE cobren os agregadores de noticias por enlazar incluso a este artigo, cuio enlace, copia e distribución están permitidos pola autora (EU), e quero deixar unha porta aberta para que os piratas apoiados polo anti Robin Hood que é o goberno, que rouba os pobres para darllo ós ricos, poidan levar unha piña nos dentes. (Non… non me apliquedes a lei antiterrorista, o digo coloquialmente…!!!)
  • E licencio baixo a licenza das Creacións Comunitarias,  porque si, porque me gusta, porque me peta e quero e dame a gaña; porque me sae de adentro, alá do fondo, dunha tristura áceda que me abrangue ó ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raiz human, que ó por a garabata xa non saben afirmarse no amor da cultura dos devanceiros, que tanto levamos aprendido deles, a cultura do procomún dos abós que temos mortos, e ser, con rostro erguido, mariñeiros, labregos da cultura, remo e arado para que esta sexa colectiva sempre. (Parafraseando a C.E.Ferreiro, do poema “Deitado frente ó mar”)

PS: O respecto, suxirovos encarecidamente unha lectura -e reflexión se cabera- do texto de Richard Stallaman (home tan soberbio como notable) tiduado “O dereito a Ler

word press, cultura libre

Imaxe Nina Paley,

Advertisements
Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Etiquetado con: , , ,
Publicado en Contidos, Edición, Trucos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation