As páxinas no WordPress

Xa debes ter unha páxina colocada no teu flamante blogue, “acerca de”, que é o lugar que nos ofrece WordPress para colocar a nosa presentación ou tarxeta de visitas. Imos empezar por ela para empezar a familiarizarnos coas páxinas.

Accedemos ó menú páxinas no panel de ferramentas.

paxinas wordpresse fas click na páxina “Acerca de”. Abrirase o modo edición.

menues paxina wordpress

O primeiro que che pode interesar, é que mentras editas a páxina podes “apagala”, ou sexa, facela invisible para os visitantes do teu blogue mentras non remates coa súa edición. (o número 3 na captura)

Xerarquía: As páxinas podense organizar xerarquicamente. Por exemplo, podes ter unha páxina “Miña cidade” que conteña as páxinas “Historia”, “Xeografía” e “Museos”, e dentro desta última incluir as páxinas “Museo 1”, “Museo 2” etc.

Modelos – Algúns temas teñen modelos personalizados que podes empregar para as páxinas que tal vez posúan características adicionais ou deseños personalizados. Se é así, poderás velos neste menú despregable. (O 1 da captura)

Orde – As páxinas normalmente van por orde alfabética, pero podes poñelas na orde que queiras introducindo un número (1 para a primeira, etc.) neste campo.  ( O menú que pon ordear (2))

Na miña páxina “acerca de” vou incluir unha fotografía, algúns detalles persoais e os datos de contacto, e naturalmente inserir o formulario que xa teño preparado dende fai varias entradas.

Resumindo: (o concepto é o mesmo para todos os CMS).

As entradas ou posts son os artigos que forman parte do diario do blogue. Están organizados de forma cronolóxica inversa, é decir, os mais recentes aparecen primeiro e admiten categorías e etiquetas.

As páxinas, pola contra, son contidos estáticos, unha especie de post que non aparece na cronoloxía, senon sinalado nunha pestana na parte superior da páxina ou na beira.
As páxinas non se organizan cronolóxicamente, e podense crear en distintos niveis.
As páxinas do primeiro  nivel aparecen no menú principal.

Páxinas estáticas Vs Dinámicas

Por defecto o WordPress está configurado para que na túa páxina de inicio aparezan os diferentes artigos que foches creando. Podes desexar, en troques, que apareza sempre unha mesma páxina que teña ben un índice, unha presentación da empresa ou non mais que un logo coa descripción da túa organización e os seus fins.
Para que apareza unha páxina estática cando alguen escriba “teusitio.wordpress.com”, vai o menú apariencia, persoalizar, opción portada… e fai aparecer unha páxina que ti desexes ou ben un post fixo.(as posibilidades poden variar en función do tema que teñas instalado)

elexir paxina estatica en tema responsive

Paxinas aniñadas

Aniñar páxinas é tan doado como ir creando unhas novas -as que ti consideres- e dandolle o pai que ti consideres, para que aparezan o desplegar este menú.

wordpress paxinas aniñadasLembra que podes aniñar tantos niveles como ti dexeses nas páxinas.

No que respecta ós modelos de páxina, como queira que poden non ser  iguais para os tema que ti escolleches, suxiroche que introduzas un pequeno texto e imaxe e usando o botón de vista previa observes cal é o efecto que causa a aplicación do menú.
No tema que eu estou aplicando cambia o lugar da barra lateral, faina maior ou a páxina aparece sin barra lateral e sin menú superior. Proba e elixe aquel aspecto visual que mais se adapte os teus gustos  ou as túas necesidades.

¿Creaches xa as primeiras páxinas no teu blogue? ¿Enchesches a información na páxina “acerca de”? ¿Fiseches xa algunha páxina aniñada?
¡Contanos como che foi e si o artigo resultouche de axuda!!

Se por razóns laborais ou familiares non tes tempo para crear o teu blogue ti mesma, contactame. Podo axudarche !!!

E non esquezas inscribirte no taller, no formulario de abaixo.

¡ É de balde!!

Licencia Creative Commons As páxinas no WordPress,   por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Advertisements
Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Etiquetado con: , ,
Publicado en Apariencia, Páxinas, Trucos
Un comentario en “As páxinas no WordPress
  1. […] por defecto”; area dereita, esquerda ou central no caso de que tiveramos deninida unha páxina estatica como home, Galería para poñer unha serie de fotos nunha páxina que amosa unha soa imaxe en […]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation