Administración de categorías

Cada entrada no WordPress clasificase baixo unha ou varias categorías. As categorías permiten a clasificación das novas e páxinas en grupos e subgrupos, de xeito que axuden á visitante á navegación no sitio web.
Cada categoría pode ter unha categoría “pai”, para crear unha relación xerarquica con outras categorías.Funciona un pouco como a nomenclatura da teoría dos conxuntos e dos subconxuntos, onde conceptos distintos están agrupados polo seu denominador común.
É unha boa idea crear unha estructura de categorías antes profundizar na temática do teu blogue ou web, para crear unha estructura sólida, amigable e consistente.

Crear unha nomenclatura de categorías no WordPress.

Como vou creando con vos, paso a paso este post, pois é meu turno de crear dito esquema… que vou desenvolver… e agora che poño meu exemplo. Mentras eu o fago vai pensando ti como categorizarás (vaia palabro) os diversos contidos do teu site. Pensa nelo como si fora o indice de un libro que logo tiveras que encher de contidos.
Xa teño meu esquema listo…. ¿fixeches o teu? Si tes a ben, encantaríame coñecelo.
arbore categorías

Árbore de categorías.

 

Crear, borrar ou modificar categorías no WordPress

Para crear unha categoría seleccionamos Panel >> Artigos >> Categorías
categorias wordpress
Na parte central do panel aparece o lugar para poñer o nome da nova categoría, e debaixo un menú desplegable onde escoller a categoría Pai. Poderedes ver que son aniñables en varios niveis.
A man dereita, vedes as categorías pais creadas e súas categorías fillas.
Unha vez que enchas eses datos clickas en crear categoría.
Si desexaras eliminar ou editar algunha categoría (porque trabucacheste o escribir), verás aparecer un menú o pasar o rato polo nome da categoría que apuntas.
Dende este menú podes renomear, reordear e borrar categorías.
categorias wordpressA forma alternativa  de crear categorías novas para o teu sitio, ou de clasificar o teu texto, é dende o taboeiro de escritura, onde tes no lateral un menú que non permite decir a cal delas queremos adscribir o artigo que temos en pantalla. Dende este menú podemos engadir categorías, pero non borralas nin editalas.
Nota: Cando eliminas unha categoría non borras os contidos que tes asociados a ela. Os textos que estaban somente asignados a unha categoría pasan a asociarse as que están “sin clasificar”, que é a categoría por defecto.

A importancia das categorías no teu blogue

Asumo que si tes un blogue é porque queres chegar a moitas persoas ou que teus coñecementos sobre un tema estén dispoñibles para moitas persoas. Ter un blogue é unha proba de narcisismo ou de ter un puntiño exhibicionista, senon escribiriamos un diario segredo como cando tiñamos poucos anos.
O caso é que si queres fidelizar ás túas lectoras, tes que facilitarlles o traballo a hora de leer. Si chega unha persoa que lle gusta teu contido (serán mais ou menos, pero chegarán), e o único que atopan na barra lateral é un widget de arquivo (a min parecenme horrrrrrrribilisimos) con posts ata o ano que empezaches, non me vou a leer todo o blogue. Quero ver cousas que me interesen, que seguramente estarán relacionadas co que levas escrito pero que sexan doadas de atopar. Coas etiquetas deixamos que as persoas exploren o blogue centrandose nos temas que lle interesa, e segruo que así as persoas se che quedan un bo rato explorando.
Xa o saberás, pero cando unha persoa fai click enriba de unha das túas categorías aparecenlle listados os artigos que ti categorizache baixo ese epigrafe. É ideal si alguén quere afondar nun tema.
Por certo, ¿Puseches xa o widget de categorías no teu novo e flamante WordPress? ¿ A qué esperas pois?

Cómo convertir unha categoría xa creada nunha subcategoría

Imos de novo a Panel>>Artigos>>Categorías. Onde atopamos o listado de categorías, cando pasamos o rato por riba delas, aparece a opción editar, que usamos. Click.No recadro “Pai” eleximos en que categoría pai queremos introducir a categoría que queremos subcategorizar (parece un xogo de palabros) e xa se nos pon debaixo de ela; de esta forma, se se nos foi a man antes creando demasiadas, podemos agrupar varias categorías baixo unha sola.

RESUMO: CÓMO XESTIONAR AS CATEGORÍAS DO NOSO BLOGUE

Teñen que ser claras e significativas
No momento no cal arrancas coa creación do teu blogue é importante realizar os pasos previos de categorización do contido. As categorías deben ser simples e claras, e a lectora debe entender de golpe que contido vai a atopar nelas  cando accedan a elas.
A categoría “Sin clasificar” podes editala e darlle un nome. Non cumple función ningunha e non pinta nada.
Categorías, nin moi poucas nin muitas.
 Todo dependerá do tipo de blogue, pero si son moi poucas non quedará definido o contido que vaise atopar baixo esa categoría; si son demasiadas, as lectoras vanse perder entre tanta letra. Vale a pena crear diferentes blogues mais específicos se o teu campo é moi amplo e centrarte en determiñados apartados exclusivamente en cada un deles.  O mais importante é non votarse de cabeza a escribir sin unha estructura funcional definida dende os  primeiros pasos.
Non publiques as entradas baixo mais de dúas categorías diferentes (se podes)
O ideal é que cada entrada teña asignada unha sola categoría, ou si é útil para a navegación e a comprensión das usuarias, baixo varias, pero si asignaslle demasiadas categorías a lectora vai a atopar contido repetido cando acceda a elas.categorias widget wordpressActiva a visualización de número de entradas que hai dentro de cada categoría.
Cando decides amosar as categorías na barra lateral, podes escoller amosar a cantidade de entradas que hay en cada unha delas. A min gustame ver cantas entradas hai para animarme ou non a abrir unha categoría en cuestión si quero afondar arredor de unha cuestión.
E ti… ¿Cantas categorías tes no teu blogue? ¿Cal e a maneira que tes de organizarte? Encantariame leer teus comentarios.
Xa por último, se gostache deste post, partillao nas redes sociais, e si queres recibir novas e contidos exclusivos no teu enderezo electrónico, enche o formulario de abaixo.
Non te preocupes, odio o SPAM mais que ninguén. Non che enviarei mais que contidos relacionados cos talleres, e teu enderezo estará a salvo de miradas indiscretas.

Licencia Creative Commons Administración de categorías no WordPress, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 

Advertisements
Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Etiquetado con:
Publicado en Categorías, Edición
Un comentario en “Administración de categorías
  1. […] na páxina principal do teu blogue amosa todos os “posts” do teu sitio, unha páxina de categorías non amosa mais que os artigos do blogue filtrados que están clasificados en esa categoría […]

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation