18 bancos de Imaxes Gratis para o WordPress

Unha vez que temos mirado algúns aspectos avanzados do formateado de texto con WordPress, imos adentrarnos na xestión de Imaxes.

As imaxes valen mais que mil palabras. Son outra forma de comunicarte, de amosar as túas mensaxes e tamén para diferenciarte.

Fai se che parece un exercicio. Fixate nos blogues mais seguidos, e fixate si teñen imaxes e de qué calidade son. Contrasta a calidade da fotografía coa calidade do texto. ¿por qué as persoas visitan esas webs e non outras?

As imaxes normalmente  fan un artigo mais animado, atrctivo, atrapache a mirada, capta a túa atención. Unhas imaxes de calidade distinguirante entre todas as outras publicacións.

17 sitios para atopar imaxes gratuitas

Si necesitas unha foto que non podes facer ti mesma, deberás atopalas en algún lugar que  permitache a reutilización do material, e isto por duas razóns:

Unha non debe apropiarse do traballo das demais sen pedirlle permiso.

Outra é porque de poderías ver involucrada nunha demanda por vulneración do dereito da Propiedade Intelectual.

1.-Compfight:

O Compfight é, en termos básicos, un buscador de imaxes. Localiza imaxes que se poden usar libremente en blogs e páxinas de  investigación.
Podes personalizar a túa procura para localizar as imaxes por licenza específica que cubra ás súas necesidades.
O buscador mira a través de sitios como Flickr, isto significa que non vai, necesariamente, que está a usar as mesmas imaxes como calquera outra empresa. Despois de ter localizado a imaxe da súa elección, Compfight tamén lle dá enlaces para o sitio ou páxina do creador da imaxe, é dicir, pode facilmente credita-los.

Compfight imaxes gratis

2.- Every Stock Photo:

Ignoro cantas fotos ten aloxadas, pero o sistema de busca é sumamente interesante, xa que nos permite seleccionar diversas variables.

Nesta captura buscabamos cataratas baixo uns criterios especificados.
Todas as imaxes teñen licenza Cretive Commons. Miramos desplegadas as opcións de “busca avanzada” (advanced Search)

Opcións de busca Everystockphoto

Opcións de busca Everystockphoto

3.- Flickr commons:

Mais de 200 millóns de imaxes con licenza de Reutilización.

Captura flickr commons

Captura Flickr Commons

4.- FreeImages:

Imaxes de moi boa calidade, clasificadas por temática e con buscador. Provee os links para incrustar as fotografías e as atribucións. As buscas compre facelas en inglés, ó igual que a maioría dos sitios.

Captura FreeImages

Captura FreeImages

5.- FreeMediaGoo:

Why Free? Are We crazy? Non está tolo. A intención de este Webmaster é crear un medio onde calqueira poida reunir unha biblioteca de imaxes que poidanse utilizar de forma gratuita na prensa, cine, TV… e claro, tamén no blogue da túa tenda ou organización. As imaxes son libres para uso comercial e persoal.
Non hai demasiadas imaxes no sitio (poucas), pero tal vez atopes ahí a foto que ti necesitas.

Captura Free Media Goo

Captura Free Media Goo

6.- Google Advanced Search:

Millóns de imaxes listas para compartir.

Debes seleccionar a opción buscar Creative Commons.Busca avanzada con Google

7.- Image After:

Pode ser que non sexan as mellores fotos, pero non deixan de ser resultonas. O sitio, a verdade ten publicidade de webs de fotografías de pago, polo que as veces é doado trabucarse.

Outro lugar sin maiores complicacións onde buscar fotos para poñer no noso blogue.

Captura Image After

Captura Image After

8.- LoremPixel:

O concepto deste sitio é un tanto peculiar. Non ofrece as fotos por temáticas, senon que ti decides un tamaño, unha categoría e si a queres en cor ou en escala de Grises.  si… a imaxe será algo inesperado…
Tes que probalo.

Captura Lorempixel

Captura Lorempixel

9.- Morguefile:

Unha “Morguefile” é un lugar onde se gardan materiais de post-producción para uso de referencia. É un arquivo de traballo inactivo.
Esta Morguefile contén stock de material de alta calidade xa sexa para o uso corporativo eou público.
O proposito do sitio é proporcionar material de referencia de imaxes gratuito para seu suo en todalas actividades creativas.

Captura busqueda en Morguefile

Captura busqueda en Morguefile

10.- OpenClipArt;

Neste sitio atopamos diversos “clip-arts” os cales atopanse baixo dominio público. (Esta é a condición que a páxina pon para aloxar as imaxes nela. Os clip-arts son válidos para uso comercial tamén.
Nesta páxina atoparás mais de 54.000 clip-arts ordeados por coleccións ou atopables mediante un cadro de busca. Compre rexistrarse para descargar as imaxes. A mellor maneira de colaborar con esta comunidade é subir e partillar o  clip-art que ti fixeches, e así, van unhas polas outras.

Openclipart imaxes musicais album

Openclipart imaxes musicais album

11.- OpenPhoto:

Banco de imaxes organizado por categorías e etiquetas para facilitar unha busca rápida e eficiente. A calidade das imaxes é suficiente e cada fotografía ten detallados seus dereitos de uso. Non é necesario rexistro.

Captura landing page OpenPhoto con persiana de Busca

Captura landing page OpenPhoto con persiana de Busca

12.- Photl.com:

Permite descargar -logo de rexistrarse- imaxes para uso persoal e non comercial en calidade baixa e media. Ten un buscador para verbas e etiquetas. Compre rexistro,

Captura Photl.com

Captura Photl.com

13.- Pixabay:

En Pixabay abonda con escribir o texto que desexes para que che aparezan a lista de fotos dispoñibles. Xunto a cada unha de elas aparece o tipo de licenza baixo a que está licenzada.  Non compre rexistro para facer descargas das imaxes.

Captura Public Domain Photos

Captura Public Domain Photos

14.- PhotoRack:

FotoRack aloxa perto de 28000 imaxes agrupadas por categorías. Votase de menos un buscador que vaia mais aló das categorías.
Todas as imaxes están dispoñibles libremeente para uso persoal ou comercial.

Captura Photorack Wines&Desserts

Captura Photorack Wines&Desserts

15.- PublicDomainPhotos:

5000 fotos e 8000 cliparts para que poidas usar na túa bitácora. Están organizadas por categorías, e tamén ten un buscador, que hoxe alo menos, (que se lle vai facer) non funciona… (!!)

Captura Public Domain Photos

Captura Public Domain Photos

16.- RGBStock:

Imaxes para uso persoal ou para incrustar nas webs/blogues. Tameń poden ser impresas para uso persoal.
As imaxes non se poden vender ou facer uso en determiñadas situacións con elas. (Licenza RGB Stock)

Captura RGBstock

Captura RGBstock

17.- Unsplash:

Este é un sitio bastante peculiar. É un blogue en Tumblr onde cada 10 días  subense 10 fotos, todas elas de dominio público.

As imaxes están agrupadas por mes de subida, ou sexa, nada de categorías nin recadro de busca.
O lugar ideal onde perderte dez minutos buscando e disfrutando das fotos, ainda que non te quedes con ningunha. Visitalo é obrigatorio.

Captura Unsplash

Captura Unsplash

18.- Wikimedia Commons:

Wikimedia Commons é unha extensión da Wikipedia onde se aloxan as imaxes da enciclopedia e tamén outras, incluidos sons e videos.
A licenza obriga a recoñecer a autoría das imaxes e a “compartir como”.
Un lugar con mais de 22 millóns de arquivos coa garantía da Wikipedia.

Captura Wikimedia

Captura Wikimedia

Como vedes non resulta nada complicado facerse con imaxes de calidade para ilustrar a nosa bitácora. Usa os recursos que che amosamos, e comentanos se coñeces algún outro e cal é do que mais gostas.

Sólo unha cousa mais, se gostaches do post, partillao coas túas amigas e mais nas Redes sociais, e si queres recibir puntualmente no teu correo os novos contidos relacionados cos Medios Sociais e as ferramentas para PeMEs e ONG’s dispoñibles, cruza a casiña no formulario de embaixo.

 indicedecontenido2

Voltar o Índice do Taller

 

 

 

Licencia Creative Commons 17 bancos de imaxes gratis para teu blogue,   por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Webgrafía:
Support WordPres: Image Optimization.

Apendice: A propiedade Intelectual

Non é do meu gosto a propiedade, en xeral, e menos a intelectual.
Sin ir mais lonxe, no nome da propiedade intelectual e da necesidade de obter beneficios, menciñas básicas para gran parte da poboación non poden ser producidas baixo “marca branca” porque o seu “propietario intelectual” non traballa para salvar vidas, senon para gañar cartos.

Algo similar ocurre co coñecemento, que parece que é necesario mercar para poder estudar a filosofía platónica, nacida fai mais de 2200 anos ou o teoréma de Pitagoras, que fai unha chea del descubriu a relación entre os catetos (dos triángulos) e a hipotenusa (tamén a dos triángulos).

Mais alén destes roubos consentidos baixo a lexislación auspiciada polos lobbyes -non os das escritoras e autoras, senon polas editoriais e distribuidoras- non debemos incurrir en usurpar a autoría dos materiais que poidamos usar para embelecer nosos posts. TEmos canles para respetar a autoría das obras, e tamén cauces para reutilizar materiais, dando o debido respeto ás creadoras.

“Què è a propiedade Intelectual?
A propiedade intelectual refirense ás creacións da mente: Invencións, obras literarias e artísticas así como símbolos, nomes e imaxes usadas no comercio.
A propiedade intelectual dividese en duas categorías:
A propiedade Industrial, que inclue as patentes das invencións, as marcas, os diseños industriais e as indicacións xeográficas (?)
O Deereito de Autor, que inclue as obras literarias, tais como novelas, poemas e obras de teatro, peliculas, obras musicais, obras artísticas tais como debuxos, FOTOGRAFIAS  e esculturas e diseños arquitectónicos.(1)

A licenza Creative commons

Algúns dereitos reservados/Creative Commons.

Si unha fotografía ou un álbum de imaxes deixa seu réxime xurídico baixo unha licenza do tipo   Creative Commons ou outro similar, normalmente vaise permitir o uso da imaxe con unhas condicións expresadas na mesma licenza, e que compre examinar en cada caso concreto.

O mais habitual é atoparse con licenzas Creative Commons “e similares” que esixen (con toda a eficacia legal) citar á autora da obra ou cando menos o lugar de onde foi obtida esa imaxe.

Nobreza obriga. Respectemos e valoremos o traballo dos demais.

Advertisements
Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Etiquetado con: ,
Publicado en Contidos, Multimedia

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation