Manexo imaxes en WordPress

As imaxes son efectivamente un xeito de facer que o noso blogue teña un aspecto mais atractivo, adictivo, interesante, chamativo, divertido etc.

Unha vez que temos listas nosas fontes de imaxes, ou nosas imaxes de “fabricación” propia, imos ver cómo xestionalas e como funciona o WordPress.com con elas.

Tipos de Imaxes soportadas polo WordPress

  • Jpg (Jpeg). Óptima para traballar con imaxes con gradentes, como poden ser as fotografías.
  • GIF: Ideais para cores planos ou cores repetitivos, como logotipos, ilustracións etc.
  • PNG. : Usanse para conservar transparencias nas imaxes, e para aquelas que conteñen unha gran cantidade de cores. As imaxes PNG ocupan unha chea de espazo, WordPress recomenda testar antes o resultado con unha imaxe GIF por si o resultado pode resultarche aceptable.

Optimización de imaxes en WordPress:

Cando se optimiza o tamaño das imaxes, tanto a carga da páxina como a subida da ilustración ó servidor faise de unha forma moito mais rápida.

Stefano Mortellaro studying...

Orixinal de Stefano Mortellaro
studying… 307K

A mesma imaxe unha vez cambiada a resolución e o tamaño do orixinal. A diferencia entre o peso das dúas imaxes é 307Kb- 97kb= 210 Kb de diferencia. Un 66% menos de ocupación, e 210 Kb dispoñibles para subir outras fotos ou mais textos.

animal_grass_erba_8509_o2

Imaxe optimizada. 97Kb

¿Atopas realmente diferencias? Non embargantes a imaxe inferior ocupa menos que a terceira parte que a superior.

Ten en conta que o tamaño que se mostra non ten que ver co peso da imaxe en Kb.

O optimizar as imaxes conseguimos:

  • Que as imaxes tarden menos en subir ó servidor.
  • Que a páxina cargue mais rápido para a xente que accede a ela
  • Que conserves mais espacio no WordPress para subir mais fotos ou textos.

Software para editar imaxes

Hai moitos programas para optimizar imaxes e incluso comprimilas por lotes. Como facemos sempre, imos dar a única opción que coñezo que é gratuita, está dispoñible para calqueira sistema Operativo e está emitido baixo a Licenza Xeral Pública.

GIMP. (GNU Image Manipulator). Linux, Windows, Mac. GPL (Manual de Gimp)

Editores de Imaxes en liña:

iPiccy.
Pixlr Editor.
Sumopaint.

Creo que con calqueira de estes programas tedes as opcións necesarias para reducir a dimensión de unha fotografía.

Subindo imaxes o noso blogue

Unha vez que temos optimizada a imaxe para que non nos ocupe un mundo no blogue, e sobre todo para que non tarde moito en cargarse a páxina, procedemos a incorporala ó blogue.

Ainda que a primeira impresión pode parecer que o que facemos é incrustar a imaxe directamente no artigo, o que facemos é colocala nun directorio do WordPress que atopamos no panel de ferramentas e que se denomina multimedia. Unha vez a imaxe está aloxada en este espacio, podemos incorporala.

Para elo, Panel>>Multimedia>>Engadir Ficheiro. A partires dese momento a imaxe estará dispoñible para inserir en calqueira post ou páxina do noso blogue.

No caso de preferir meter a directa, colocamos o cursor no lugar onde desexamos insertar a imaxe; achegamonos ó panel de ferramentas de edición>>engadir multimedia.

inserir_multimedia

Na seguinte pantalla eleximos os ficheiros que queremos subir do noso ordenador (que temos gardado nun directorio específico para esta temática co obxectivo de ter unha base de fotos propias para uso posterior) e cubrimos todos os datos posibles da fotografía.É importante encher todos os campos da dereita. Cantos mais datos teña a nosa imaxe, mais doado seralles os buscadores atopala. ¡A imaxe tamén é contido se a dotamos de verbas.

subir multimedia wordpress

Panel subir fotografía

Como podes ver no menú da esquerda, tamén podes pegar a URL da foto para que che apareza no post.

inserir imaxe dende URL

Inserir imaxe dende URL

Si optaras por esta posibilidade, debes ir a imaxe e copiar o enderezo onde está ubicada. Fai click co botón dereito enriba da imaxe, e escolle a opción “copiar enderezo da imaxe“.
O contido do portapapeis e o que debes copiar an URL.

A esta forma de facer, chamanlle o “hotlinking”.

O Hotlinking é en definitiva enlazar, como poden ser os enlaces que atopades na webgrafía, ou as veces en algúns materiais complementarios.

O problema do Hotlinking é cando usanse imaxes. O que acaba ocurrindo, é que en realidade non se amosa unha imaxe que esté aloxada  no teu blogue, senon a que está aloxada no blogue de outra persoa.
O que ocurre, e que cada vez que a túa páxina se carga nun ordenador (alguén vai leer), o servidor da outra persoa recibe unha petición, e envía a imaxe o teu blogue co cal, a outra persoa pode chegar a ter problemas co seu servizo por un exceso de peticións.

Outro marrón podelle cair a persoa que fai o “Hotlink”. Como xa sabees, ti estás incrustando unha dirección Web, unha URL… e o dono da outra páxina un día podelle dar por trocar a imaxe de esa URL… e o resultado pode chegar a ser do mais erótico… XD!!!

Edición de imaxe con WordPress:

Faendo clcik na imaxe en modo edición, despertarás este menú…. Pulsa o lapis para entrar en edición.

ferramenta_edicion_imaxe_entrar

Cuios campos enchedes vos a vosa conveniencia.

Edicion de imaxes
Lembrandonos que tamén podemos modificar as opcións avanzadas.

edicion avanzada de imaxes

Efecto do Marco (Border) na imaxe.

O Editor de Imaxes co WordPress

Ferrameta Recortar

Editar Imaxe WordPress Ferramenta RecortarFerramenta voltear

Editar Imaxe WordPress Ferramenta VoltearFerramenta Rotar/Xirar

Editar Imaxe WordPress Ferramenta Rotar

 ¿Cómo incrustar imaxes dende o Flickr?

Unha posibilidade que temos, é crear unha conta en flickr que utilicemos como almacén de fotografías.
Incrustando as fotos gañamos tempo de carga na nosa paxina ou post, xa que a información se recibe desde varios servidores.

Vou a miña conta  Flickr, (ou a outra) escollo a imaxe desexada, e indo a ipción de partillar, copiamos o HTML(código) que nos aparece marcado.

incrustar_flickr

Imos a pestana de HTML do noso editor, e pegamos o código onde queremos que nos apareza a imaxe,

Froitos

Imaxe “linkada” dende o Flickr

Como vedes non é dificil xestionar as imaxes que metamos no blogue e darlle un aspecto chamativo e vistoso que nos distinga do resto das persoas
Se quixerades dar un paso mais aló, tamén podes crear unha imaxe interactiva co GIMP para inserir na túa bitácora, e dotala de mais funcionalides.

¿Qué ferramentas usas ti para editar as imaxes? ¿Que bancos de datos usas para elas? ¿Fas túas propias fotografías? Comentanos túa experiencia, estarei encantado de leela.

Xa para rematar, si gostaches deste post, partillao coas túas amigas e mais nas Redes Sociais; e si queres recibir no teu correo as novas dos talleres e os novos posts de Xestión e Ferramentas de Redes Sociais para o teu negocio ou a túa ONG suscribete ós talleres.

 

indicedecontenido2

 

Voltar o Índice do Taller

 

 

 

Licencia Creative Commons Manexo de Imaxes en WordPress,   por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Webgrafía:
Support WordPress: Uploadin Images.
Support WordPress: Image Settings.

Advertisements
Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Etiquetado con:
Publicado en Edición, Multimedia, Trucos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation