Edición e Xestión de Menues co WordPress

Se o Tema que elexiches para o teu blogue é compatible co sistema de Menues,  poderá crear e organizar unha serie de enlaces de navegación para que túas visitantes atopen partes importantes ou interesantes do teu sitio mais rápido.

A utilidade dos Menues nunha web consiste en facilitar a navegación e darlle ás túas usuarias acceso rápido a pàxinas que sexan relevante sou teñas especial interés en destacar.

A maioría dos Menues Persoalizados amosaranse na parte superior do teu sitio (a área de navegación principal), ainda que esta localización pode variar entre temas.
Con algúns dos temas pode ser que haxa a opción de crear e mosar multiples menues persoalizados en diferentes partes do teu blogue, como pode ser no pe ou en areas especiais das barras laterais.

Crear un menú persoalizado en WordPress

Diriximonos o Panel>Aparicencia>Menú.

ferramentas menues wordPressAs páxinas aparecen como elementos do menú principal, a menos que as coloquemos como elementos secundarios, de xeito que podemos aniñar un número indetermiñado de menúes.

elementos do menu WordPress

Para trocar o orde do menú, ou convertir un elemento en subelemento non compre mais que arrastralo. Esta operación podese desfacer voltando a arrastrar o elemento ó lugar orixinal (ou a aquel sitio que desexes)

menu desplegable wordPress

Menues de 2º e 3º Nivel desplegados

Engadir Menú de Categorías:

Mentras que na páxina principal do teu blogue amosa todos os “posts” do teu sitio, unha páxina de categorías non amosa mais que os artigos do blogue filtrados que están clasificados en esa categoría específica.
Si tes un feixe de categorías, podes escoller mostrar a mais usada, ou buscar por categorías baseandose no nome das mesmas na pestana de busca. Solo aparecerán as categorías que teñan polo menos un artigo publicado dentro delas.
Non tes mais que checar nos cadradiños das categorías que queres que aparezan e facer Click en Engadir ó Menú.

No exemplo que se pon, seleccionamos todas as categorías para engadir o menú.

Engadir categorías a Menu wordpress
O clickar engadir, vemos que todas e cada unha das categorías seleccionadas aparecen como un elemento individual no menú. O que se pretende é crear unha pestana que desplegue as categorías sin que estas nos ocupen todo o espazo da area de navegación principal.
Para conseguir isto, imos crear unha pestana estática baixo a cal aloxense as categorías.

Crear pestanas pais estáticas:

Para elo creamos unha ligazón persoalizada valeira…..

WordPress ligazon persoalizada valeiraEngadimos ó menú, e convertimos cada categoría (ese é o meu caso) nun subelemento de dito menú.

E este é o resultado:

menu_categorias
Como podes comprobar, cada unha das pestanas levanos ós artigos que están etiquetados baixo esa categoría.

Engadir Posts Individuais, Etiquetas de páxina e Páxinas con determiñado formato de Post

Ademais das páxinas, enlaces e categorías, tamén tes a opciómn de engadir outros módulos ó teu editor de menúes para persoalizalo mais adiante, ou no momento que desexes. Estes módulos están agochados por defecto, e para que aparezan debemos ir o lado dereito superior do monitor “Opcións do Panel”.
Nesta captura miramolo desplegado.

Opcións panel menú WordPress

Accedendo a esta ferramenta, poderás:

  • Posts: Engadir posts individuais ó teu menú persoalizado.
  • Etiquetas: Crear menues persoalizados organizados por unha etiqueta que decidiches.
  • Formato: (Con truco) Permiteche crear menúes persoalizados amosando posts de un estilo particular, como galerías ou citacións. -O truco é que compre definilo previamente nas etiquetas ou categorías.-

Así vemos que nas opcións de un elemento do submenú atopamos as posibilidades de abrir nunha nova xanela (votabase de menos, ¿non? e mais engadir a descripción do enlace. Ainda que as descripcións non sempre se amosarán -dependerá do tema- molestate en cubrilas sempre que poidas. Ainda que as usuarias non as lean, pode ser que oas lean os robots. ¡Quen sabe!

ligazon persoalizada menu avanzado wordpressCrear ou Editar múltiples Menues:

Dependendo do tema que escolleras podes instalar varios menues na túa páxina. O principal, un na parte superior da zoa noble de navegación é outro nos pés. Debes crear cada un deles, da forma en que miramos mais arriba para instalalos no lugar onde desexes.

Menu WordPress Opcións Avanzadas

Crear un novo menú no WordPress.

Diriximonos a Menú>>Crear Novo Menú
Pois este segundo menú vouno colocar na parte superior apuntando ós outros talleres abertos usando a característica “ligazón“.

Menu Superior en WordPress
O resultado podedes velo na parte superior dereita  do blogue.

Como vedes os menúes facilitan en gran maneira a navegación polo voso sitio, e o límite para a creación de menúes e submenúes está na vosa imaxinación.

Partilla este post se pareceche útil, e lembra deixarnos o enlace á túa bitácora para que poidamos seguirte e entre todas aprender un pouco mais de esta fantástica ferramenta.
indicedecontenido2

Voltar o Índice do Taller

Creación e Licencia Creative Commons Xestión de menues en WordPress,   por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Webgrafía:

Support WordPress: Custom Menus.Support WordPress: Advanced Menu Settings.
Support WordPress; Custom Menu Widget.
Support WordPress: Code.

Advertisements
Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Etiquetado con:
Publicado en Menues

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation