Prevención de Riscos en Traballo con Pantallas de Visualización

Contra do que poidera parecer, o feito do uso de un terminal PC durante un periodo prolongado de tempo, para recabar información, incluir asentos contables, editar imaxes ou escribir posts, é unha actividade que debe realizarse en condicións adecuadas para reducir riscos relacionados con aspectos posturais e traumatismos debido a micromovementos repetitivos e para previr fatigas relacionadas con órganos intensivamente utilizados (ollos).

Imos repasar un pouco, as normas elementais de Hixiene e Seguridade que debemos ter en conta a hora de realizar este tipo de tarefas. Non importa que estés na casa ou na túa oficina (sexa para traballar por conta propia ou allea). Da prevención depende en gran medida un benestar físico ó longo da nosa vida… e previr, sempre se dice e mellor que lamentar.

A Normativa de Prevención de Riscos Laborais e Pantallas de Visualización de Datos

Ó abeiro da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos laborais, desenvolvense os Decretos que dispoñen cais son as disposición minimas de Seguridade e saúde para a realización dos diversos tipos de traballo seún o ámeto da actividade.
O que corresponde o Traballo con Pantallas de Visualización de Datos, corresponde co RD 488/1997 de 14 de Abril.

O uso do marco normativo como referencia para a Prevención de Riscos en actividades como redacción de posts, edición fotográfica ou en definitiva, o traballo mediante un ordenador, ven dado porque en el recollense os aspectos mais significativos da prevención cando empreganse estes aparellos intensivamente, indicando, polo tanto, os problemas que poden latexar no uso ainda discontinuo de ditos aparellos.

Como é habitual, a normativa soe ir por detrás das realidades. Posiblemente compriría definir hábitos seguros tamén para o uso de dispositivos de comunicación e visualización de datos de menor tamaño e cos cais non se traballa nunha mesa, senon en outras circunstancias e entornos mais dispares, como son as tabletas e mais os SmartPhones; elementos que so empregados intensivamente xa non so no entorno laboral, senon no cotían.

Os elementos de Traballo:

A Pantalla:

  • Os caracteres da pantalla deberán estar ben definidos e configurados de forma clara, e ter unha dimensión suficiente, dispoñendo dun espacio axeitado entre os caracteres e as liñas.
  • A imaxe da pantalla deberá ser estable, sen fenómenos de brillos, escintileos ou outras formas de inestabilidade.
  • O usuario de terminais con pantalla deberá poder axustar facilmente a luminosidade e o contraste entre os caracteres e o fondo da pantalla, e adaptalos facilmente ás condicións do contorno.
  • A pantalla deberá serorientable e inclinable a vontade, con facilidade para se adaptar ás necesidades do usuario.
  • A pantalla non deberá ter reflexos nin reverberacións que poidan molestar o usuario.

(RD 488/1997 do 14 de Abril)

Riscos PVD

Posición adecuada Pantalla. Fonte da imaxe

O Teclado:

  • O teclado deberá ser inclinable e independente da pantalla para permitir que o traballador adopte unha postura cómoda que non provoque cansazo nos brazos ou nas mans.
  • Terá que haber espacio suficiente diante do teclado para que o usuario poida apoiar os brazos e as mans.
  • A superficie do teclado deberá ser mate para evitar os reflexos.
  • A disposición do teclado e as características das teclas deberán tender a facilitar a súa utilización.
  • Os símbolos das teclas deberán destacar suficientemente e ser lexibles desde a posición normal de traballo.

A cadeira:

  • O asento de traballo deberá ser estable, proporcionándolle ao usuario liberdade de movemento e procurándolle unha postura confortable.
  • A súa altura deberá ser regulable.
  • O respaldo deberá ser reclinable e a súa altura axustable.
  • Poñerase un repousapés a disposición de quen o queira.

(RD 488/1997 do 14 de Abril)

Preveción Riscos PVD Cadeira

Preveción Riscos PVD Cadeira. Fonte da foto.

A mesa ou superficie de traballo

  • A mesa ou a superficie de traballo deberán ser pouco reflectantes, ter dimensións suficientes e permitir unha colocación flexible da pantalla, do teclado, dos documentos e do material accesorio.
  • O soporte dos documentos deberá ser estable e regulable e estará colocado de tal xeito que se reduzan ao mínimo os movementos incómodos da cabeza e os ollos.
  • O espacio deberá ser suficiente para permitirlles aos traballadores unha posición cómoda.
    (RD 488/1997 do 14 de Abril)

A Iluninación

  • A iluminación xeral e a iluminación especial (lámpadas de traballo), cando sexa necesaria, deberán garantir uns niveis axeitados de iluminación e unhas relacións axeitadas de luminancias entre a pantalla e o seu contorno, tendo en conta o carácter do traballo, as necesidades visuais do usuario e mais o tipo de pantalla utilizado.
  • O acondicionamento do lugar de traballo e do posto de traballo, así como a situación e as características técnicas das fontes de luz artificial, deberán coordinarse de tal xeito que se eviten os cegamentos e os reflexos molestos na pantalla ou outras partes do equipo. (RD 488/1997 do 14 de Abril)

Atopei este video no Youtube, que resume de unha forma moi gráfica e acertada os principais erros a hora de traballar coas Pantallas de Visualización de datos, sobre todo cando nos atopamos traballando no noso domicilio.

Agardo que estes consellos sexan de utilidade para cando estés entregada na creación dos teus posts e respostandolle a túa audiencia.

Encantaríame leer teus comentarios.

Antes de rematar, perdirche que si gostaches deste post o compartas coas túas amigas e nar Redes Sociais, e que si queres recibir fresquiño o material que publico para a Xestión das Redes Sociais e Presencia en Liña para PeMEs e ONGs, que te suscribas no formulario de abaixo.

 indicedecontenido2

Voltar o Índice do Taller

 

 

 

Licencia Creative Commons Crear unha plantilla en WordPress,   por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Etiquetado con:
Publicado en Seguridade e hixiene

Deixar un comentario

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation