Os formularios no WordPress

Incrustando un formulario no WordPress.

Un dos puntos chaves de calqueira blogue será o énfase en tentar sacar partido das interaccións entre ti e as usuarias, para poder escoitarvos mutuamente,, respostar as cuestións que poidan xurdir e poderlle ofrecer a audiencia os contidos que percuran.

Calqueria blogger (polo menos eu SI), estará encantada de recibir teus comentarios e suxerencias, xa que túa opinión permitirá acertar mellor na temática, o cal é sumamente psositivo para este blogue; dende o punto de vista do lector como de quen redacta. Todas gañamos coas conversacións.

Cos formularios podemos facernos con unha lista de suscriptoras ademais, ás que podemos ofrecer contidos exclusivos que non estean publicados na bitácora, así como ofrecerlles un servizo VIP con tutoriais, videos ou aqueles documentos que consideres interesantes.

O formulario debe ser todo o breve que poida ser, conciso, non debe pedir mais datos dos necesarios, e si é emitido por unha empresa debe adaptarse ós termos da LSSI/LOPD.
Por outra banda, o formulario debe estar accesible en todas as páxinas da Web ou blogue, e ademais debe contar con unha páxina especial onde recibir ás visitantes. (Cando nos poñamos coas páxinas veremos como incluir o código)

Decir  a maiores que ainda que logo incrustemos o formulario en todas e cada unha das nosas publicacións non necesitaremos (nin debemos) crear mais que un, que reutilizaremos nas publicacións que vaiamos facendo.

Os formularios no WordPress.

Para crear noso propio formulario iremos a barra de ferramentas, o botón Engadir formulario de contacto.

formulario contacto wordpressPor defecto aparecerá un formulario creado cos campos nome, enderezo electrónico, páxina web e un espazo para o comentario. Para endadir mais campos pulsa “Add New Field”.
O pasar o rato por enriba dos campos, aparecen as opcións mover e editar (por si desexas cambiar de sitio o campo  ou trocar o texto); e na pestana “E-mail Notifications”  podes designar novos enderezos onde recibir as mensaxes (por defecto recibense no enderezo co que te rexistras no WP) así como o asunto que queres que teña a notificación.

formulario contacto wordpress

Cando des a gardar ó formulario de contacto non o verás en forma gráfica tal como se amosa arriba no teu escritorio, senon que atoparás un código HTML con este aspecto que sigue, que será o que a máquina interpretará para poñer o artefacto a dispor das usuarias. Se queres ver o aspecto do teu formulario incrustado debes ir a “previsualizar páxina“.

html_contacto
Se non quiseras empregar a ferramenta que ven incluida co WP, podes atopar infinidade de ferramentas a maiores  para crear teus formularios, pero non hai ningunha nativa para WordPress.com que permita crear unha base de datos de forma automática; así que polo de pronto, imos gardar a man na ferramenta que nos desexemos os datos recibidos…
No caso de que  estes datos vaias a utilizalos no teu ámeto profesional, suxerimosche que leas con detalle o seguinte apartado.
Si os datos que recopilas son para uso estrictamente persoal, podeste saltar este capiduo.

Os datos e a Lei de Protección de Datos (LOPD)

A LOPD e  comunicacións electrónicas. Unha vistada polo airo.

Os aspectos normativos da Recollida e almacenamento de datos de caracter persoal así como as comunicacións mediante sistemas electrónicos están lexislados nas seguintes normas; e a continuación detallanse algúns elementos básicos recollidos na lexislación estatal.

Ley Orgánica 15/1999, de 13 de diciembre, de Protección de Datos de Carácter Personal. (R/D 1720/2007 de 21 de Decembro)
Directiva Europea 95/46 CE.
Lei 34/2002 de 11 de Xullo de Servizos da Sociedade da Información e de comercio Electrónico (LSSI)

¿Qué protexe a Lei de Protección de Datos?
Ós datos de carácter persoal rexistrados en soporte físico, que os faga susceptibles de tratamento, e a toda modalidade de uso posterior destes polos sectores público e privado.

¿Que son datos de caracter persoal?
Calquera   información   numérica,   alfabética,  gráfica,   fotográfica,   acústica   ou   de   calquera   outro   tipo  concernente  a persoas físicas identificadas ou identificables.

¿Qué obrigas ten o “propietario” de unha base de datos privada -non persoal-?
Dar de alta o ficheiro ante a AGPD mediante formulario electrónico ou papel; solicitar a iclusión dos datos de forma inequívoca e facilitar os dereitos de recificación, modificación e cancelación de forma fácil para ás usuarias.

¿Qué é a cesión ou comunicación de datos?
Toda revelación de datos realizada a unha persoa distinta do interesada.

¿Cantos actores están presentes no acto de aseguramenteo de protección dos datos?
O responsable do ficheiro e mais quen se encargue do tratamento (sexa persoa física ou xurídica)

¿Como deben protexerse os datos?
Adoptando as medidas técnicas e organizativas necesarias que garantan a seguridade dos datos de carácter persoal e eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

¿Existe deber de segredo e non comunicación?
A persoa responsable do ficheiro e aquelas que interveñan en calquera fase do tratamento dos datos están obrigadas ao segredo profesional respecto deles e ao deber de os gardar. Esta obriga permanece vixente para a persoa responsable do ficheiro incluso despois de finalizar as súas relacións co titular do ficheiro.

¿Queres recibir no teu correo os novos artigos publicados neste blogue? ¿Tes algunha dúbida ou compreche algunha aclaración? Enche o formulario de abaixo e poreime en contacto contigo, ou envíame un Galegram o 691 190 598.

Acerca de

Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.

Publicado en Formularios de contacto, Usuarias
Un comentario en “Os formularios no WordPress
  1. […] Outro elemento que desexo meter, é un formulario de contacto. […]

    Gústame

Deixar un comentario

Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation