Editar texto en WordPress con HTML
Unha comprensión básica od HTML pode axudarche a tirar mais partido do teu blogue en WordPress.com. Neste artigo intento explicarche cómo.
WordPress.com proporcionanos un Editor de Texto, no cal podemos mirar o código HTML de cada un dos teus posts e páxinas. Alternando entre o editor de texto e o editor HTML permitirache coseguir algunhas opcións adicionais de edición e pode axudarche a clarificar por qué os teus posts lucen dese xeito e non de outro.
¿Qué é o HTML?
O HTML, ou Lingoaxe de Marcas de Hypertexto é o principal lingoaxe utilizado para crear páxinas Web.
A lingoaxe HTML é interpretada polos navegadores e amosado nas nosas pantallas de visualización, calqueira que sexa o dispositivo que estemos a utilizar.
Ainda que existen editores específicos para HTMlL que permiten axudar con tarefas repetitivas, elaboración de taboas e outros recursos de unha forma visual, os arquivos HTML son arquivos texto que poden ser creados con calqueira editor de textos común,
Ainda que existen unha gran cantidade de etiquetas HTM, non todas están permitidas en WordPress.com, na maior parte dos casos para evitar problemas de seguridade ou omitir abrir brechas que poideran alterar a estabilidade dos servidores. Entre os servizos que non están permitidos utilizar ou engadir de forma “nativa” están os “Javascripts” e os elementos diseñados con “tecnoloxía Flash.”
¿Onde se mira e edita o HTML do noso WordPress?
Para mirar o código HTML da túa páxina, vai a calqueira post que xa teñas escrito e fai click na pestana Text ou HTML que está enriba da área de edición. (a que está a seguir de visual)
Wordpress ferramentas edicion htmlNa zoa de edición marcada como HTML, todo é texto. Un enlace é texto, unha cita é texto; incluso unha imaxe é texto. Algun do texto que ves é o que ti levas escrito, outro é o código HTML.
É doado separar ambos tipos de texto, xa que o HTML empeza e remata sempre con parentese de ángulo < e mais >.
As etiquetas son comandos que dicenlle o navegador cal é o comportamento que deben ter ante un obxecto, ou cal é o aspecto que toma.
As ordes mais comúns que realizamos no  HTML podemos facelas dende o editor visual. Realmente o editor encargase de crear as etiquetas e covertilas á lingoaxe interpretada polos navegadores, como son as aliñacións, as negriñas e itálicas, o suliñado,  as sangrías, a creación de enlaces ou a inserción de imaxes.
Hay algunhas funcións que  non estań contempladas no editor, sobre todo no referido os tipos de letras, que vai ser nas que nos deteñamos.
Podes ver eiquí as etiquetas HTML que nos permite usar o WordPress.com, e neste outro enlace, podes ver por orde afabético cal é o uso das etiquetas válidas en HTML5.
Blogueando en HTML
Os tipos  de letra co HTML:
En WordPress os tamaños de letra veñen definido polas etiquetas de cabeceira
ata
, as cais fornecen determiñada información respecto a relevancia de unha frase ou anaco de texto que non está relacionada directamente co tamaño da fonte, cando nos referimos exclusivamente a tamaño. Existen outras funcionalidades dispoñibles as cais non se chega dende a barra de ferramentas do editor.
Contoche algunhas delas.
Cómo trocar o tamaño da letra
A etiqueta  define unha sección do documento, a style define o estilo que se lle vai a aplicar.
A estructura da orde para amosar diferentes tipos de letra será:
Tipos de letra en WordPress
A letra mais pequena
A letra pequena
A letra normal
A letra grande
A letra mais grande
Si desexamos definir a letra de unha forma mais precisa, podemos indicar o número de píxeles que queremos que teña o tamaño, sustituindo o “small, large, x-large etc” polo tamaño en píxeles, co formato “font-size:numeropx”
Letra de 21 píxeles
Como trocar o Font do texto
Se ademais quiseras trocar a fonte das letras, deberías crear un novo estilo estilo de sección onde a definiras. Fixate como hai dous  o final da sentencia. Isto é porque cada un deles pecha unha das sentencias. Un a font da letra e o outro o tamaño.
Trocar fonts en WordPress
Letra de 21 píxeles Arial
Letra de 21 píxeles Courier
Letra de 21 píxeles Georgia
Letra de 21 píxeles Times
Letra de 21 píxeles Trebuchet
Letra de 21 píxeles Verdana
Letra de 21 píxeles Cursive
Cómo cambiar o espacio entre as letras
O espacio entre as letras cambiase co argumento “letter-spacing”. Indicase un número enteiro que pode ser definido en píxeles (px), puntos (pt), pulgadas (in) ou milímetros. O argumento aplicase tras a definición do tamaño da letra.
Espaciado dos fonts en WordPress
Letra de 21 píxeles Courier espaciada 11 píxeles
Letra de 21 píxeles Coursive espaciada -3 (menos tres) píxeles
Cómo modificar o espazo entre as verbas:
O argumento “word-spacing” empregase da mesma forma que o anterior. Indicase un número enteiro que será o que indique a serparación entre as verbas, e pode ser definido en píxeles (px), puntos (pt), pulgadas (in) ou milímetros. O argumento aplicase tras a definición do tamaño da letra.
Courier de 21 píxeles coas verbas espaciadas 13 píxeles
Coursive de 13 píxeles con espaciado de verbas -5 (menos cinco) píxeles
Cómo trocar o interlineado do WordPress con HTML:
Incluio neste apartado esta referencia ó interlineado porque é unha cuestión que tamén está relacionada coas fontes e co tipo de letra. O argumento que se utiliza é “line-height”, e expresase introducindo un número enteiro en píxeles (px), pulgadas (in), puntos (pt) ou porcentaxe (%)
Nas liñas deste párrafo definin un 200% o valor “line-height”
Este é o código de inserción para o texto de enriba.
Texto que estás a formatear
O formato das citas.
“Blockquote”é o formato que se emprega para as citar algún texto que provén de outra fonte, ainda que como podedes observar, é moi útil para darlle énfase a determiñado anaco do voso contido.  A min pareceme espectacular o resultado.
Eiquí abaixo tedes un código, e acto seguido o resultado. ¿Qué che parece? ¿A que mola?
Se cuidadosa Cando escribas sentencias en HTML o mais importante é que lembres que todas empezan con unha sinal de inicio e con unha sinal de remate de sentencia . Si te esqueces de pechar a orde, teu formateado pode trocar nun galimatías.
Cómo forzar o mantenemento do formato
Para algúns tipos de blogue, como poden ser os de poesía contemporanea, as veces desexamos manter a estructura da escrita, que non ten por qué parecerse a ningún formateado común.
Para elo empregamos o comando
Texto
. O mesmo tempo formatease o fondo en tono algo escuro. (Iso acabo de sabelo aghora !!!)
"Non marches Maruxiña
que eu non veño a amolarte
si che truxera xamón
non habías querer marcharte"
Bueno, xa vale de cachondeos que solo era un exemplo para ver como quedaba. ¿OK?
Trocar a cor de fondo do escritorio
Si ben dende a barra de ferramentas de edición podemos trocar a cor dos textos, non ocurre o mesmo co fondo, polo que nos compre acudir á edición de HTML se queremos engadir determiñados efectos visuais á nosa escrita.
Voltamos para elo votar man da etiqueta
co argumento “background” -fondo-  e proporcionandolle os valores como nome da cor ou seu valor en formato ASCII.
Formato:
ou ben
“A burguesia submeteu o campo à cidade aumentando desenfreadamente a população das cidades em relação à dos campos subordinando os camponeses aos povos burgueses.
Portanto, suprime cada vez mais a dispersão dos meios de produção da propriedade e da população. Aglomerou as populações, centralizou os meios de produção e concentrou a propriedade em poucas mãos.
Durante seu domínio de classe, criou forças produtivas mais numerosas colossais que todas as gerações passadas em conjunto.
Do Manifesto Comunista de Marx e Engels. (Siguen tendo razón, e mira que fai tempo que morreron)
Na parte inferior do post, logo da Webgrafía,  podedes atopar a denominación, ascii e RGB das cores estandarizadas.
Expresións permitidas e prohibidas en WordPress.com
Etiquetas de HTML(HTML Tags)
WordPress.com permite o seguinte código HTML nos posts, nas páxinas e nos widgets.
address, a, abbr, acronym, area, article, aside, b, big, blockquote, br, caption, cite, class, code, col, del, details, dd, div, dl, dt, em, figure, figcaption, footer, font, h1, h2, h3, h4, h5, h6, header, hgroup, hr, i, img, ins, kbd, li, map, ol, p, pre, q, s, section, small, span, strike, strong, sub, summary, sup, table, tbody, td, tfoot, th, thead, tr, tt, u, ul, var
Pola contra, estes códigos:  embed, frame, iframe, form, input, object, textarea e  outros non están permitidos en WordPress.com por razóns de seguridade.
Debese a isto, en certas ocasións non poderás incluir código de widgets do Blogger ou quitados da Internet, xa que moitos deles utilizan algunha destas funcións. (Sobre todo o frame e iframe.)
Conclusión:
Como podedes ver o emprego do HTML “a pulso”, mais aló do que nos ofrece a non pobre barra de ferramentas de edición,  multiplica notablemente as posibilidades estéticas e de formateo do noso blogue. Nunha vindeira entrada, prometo comentar o relacionado coas imaxes.
Se queres recibir fresquiños e recén saídos dos dedos os novos posts para poder manter a túa ONG ou Comercio na Vangarda da tecnoloxía que podemos atopar gratis, suscribete; si ademais queres ter atención persoalizada, enviame cuberto o formulario que atopas abaixo.
Solo unha cousa mais, se che gustou este post, meteo nos favoritos, partillao nas Redes sociais e ¡Contallo ás túas amigas!!!!!
.indicedecontenido2
Voltar o Índice do Taller
Licencia Creative Commons Crear unha plantilla en WordPress, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported Manuel Freiría en G+
Webgrafía:
Edición HTML: Estilos CSS, Texto e Fontes. Ministerio de Educación e Cencia.
Suport WordPress.
WordPress. Begginning HTML.
WordPress. Advanced HTML.
O orixinal da taboa que sigue está tirada de Ascii-code.com.
Nomes das Cores Básicas
A especificación HTML 4.01 define dezaseis cores  básicas. (Como queira que agora mesmo siguen funcionando, debese inferir que tamén son válidas para o HTML 5.(Termario 2014)
Estas cores son usadas orixinalmente  como a paleta de cores estándar EGA. A especificación CSS 2.1 define o mesmo número de cores nomeadas, pero engade a cor ‘laranxa’ a lista.
Vista da Cor Nome da Cor Código Hexa Código Decimal
branco #FFFFFF 255,255,255
gris #808080 128,128,128
silver #C0C0C0 192,192,192
black #000000 0,0,0
maroon #800000 128,0,0
red #FF0000 255,0,0
purple #800080 128,0,128
fuchsia #FF00FF 255,0,255
green #008000 0,128,0
lime #00FF00 0,255,0
olive #808000 128,128,0
yellow #FFFF00 255,255,0
navy #000080 0,0,128
blue #0000FF 0,0,255
teal #008080 0,128,128
aqua #00FFFF 0,255,255
laranxa #FFA500 255,165,0
Nome das cores X11  (nomes de cor da W3C )
A táboa a seguir mostra todas as cores na Cor X11. Este set está aceptado polos Navegadores que siguen os estandares da W3C.
Vista da Cor Nome da Cor Hex Code Decimal Code
Cores Encarnadas
indianred #CD5C5C 205,92,92
lightcoral #F08080 240,128,128
salmon #FA8072 250,128,114
darksalmon #E9967A 233,150,122
lightsalmon #FFA07A 255,160,122
crimson #DC143C 220,20,60
red #FF0000 255,0,0
firebrick #B22222 178,34,34
darkred #8B0000 139,0,0
Cores Rosas
pink #FFC0CB 255,192,203
lightpink #FFB6C1 255,182,193
hotpink #FF69B4 255,105,180
deeppink #FF1493 255,20,147
mediumvioletred #C71585 199,21,133
palevioletred #DB7093 219,112,147
Cores Laranxas
lightsalmon #FFA07A 255,160,122
coral #FF7F50 255,127,80
tomato #FF6347 255,99,71
orangered #FF4500 255,69,0
darkorange #FF8C00 255,140,0
laranxa #FFA500 255,165,0
Cores Amarelas
gold #FFD700 255,215,0
yellow #FFFF00 255,255,0
lightyellow #FFFFE0 255,255,224
lemonchiffon #FFFACD 255,250,205
lightgoldenrodyellow #FAFAD2 250,250,210
papayawhip #FFEFD5 255,239,213
moccasin #FFE4B5 255,228,181
peachpuff #FFDAB9 255,218,185
palegoldenrod #EEE8AA 238,232,170
khaki #F0E68C 240,230,140
darkkhaki #BDB76B 189,183,107
Purple color names
lavender #E6E6FA 230,230,250
thistle #D8BFD8 216,191,216
plum #DDA0DD 221,160,221
violet #EE82EE 238,130,238
orchid #DA70D6 218,112,214
fuchsia #FF00FF 255,0,255
magenta #FF00FF 255,0,255
mediumorchid #BA55D3 186,85,211
mediumpurple #9370DB 147,112,219
blueviolet #8A2BE2 138,43,226
darkviolet #9400D3 148,0,211
darkorchid #9932CC 153,50,204
darkmagenta #8B008B 139,0,139
purple #800080 128,0,128
indigo #4B0082 75,0,130
slateblue #6A5ACD 106,90,205
darkslateblue #483D8B 72,61,139
mediumslateblue #7B68EE 123,104,238
Cores Verdes
greenyellow #ADFF2F 173,255,47
chartreuse #7FFF00 127,255,0
lawngreen #7CFC00 124,252,0
lime #00FF00 0,255,0
limegreen #32CD32 50,205,50
palegreen #98FB98 152,251,152
lightgreen #90EE90 144,238,144
mediumspringgreen #00FA9A 0,250,154
springgreen #00FF7F 0,255,127
mediumseagreen #3CB371 60,179,113
seagreen #2E8B57 46,139,87
forestgreen #228B22 34,139,34
green #008000 0,128,0
darkgreen #006400 0,100,0
yellowgreen #9ACD32 154,205,50
olivedrab #6B8E23 107,142,35
olive #808000 128,128,0
darkolivegreen #556B2F 85,107,47
mediumaquamarine #66CDAA 102,205,170
darkseagreen #8FBC8F 143,188,143
lightseagreen #20B2AA 32,178,170
darkcyan #008B8B 0,139,139
teal #008080 0,128,128
Cores Azuis
aqua #00FFFF 0,255,255
cyan #00FFFF 0,255,255
lightcyan #E0FFFF 224,255,255
paleturquoise #AFEEEE 175,238,238
aquamarine #7FFFD4 127,255,212
turquoise #40E0D0 64,224,208
mediumturquoise #48D1CC 72,209,204
darkturquoise #00CED1 0,206,209
cadetblue #5F9EA0 95,158,160
steelblue #4682B4 70,130,180
lightsteelblue #B0C4DE 176,196,222
powderblue #B0E0E6 176,224,230
lightblue #ADD8E6 173,216,230
skyblue #87CEEB 135,206,235
lightskyblue #87CEFA 135,206,250
deepskyblue #00BFFF 0,191,255
dodgerblue #1E90FF 30,144,255
cornflowerblue #6495ED 100,149,237
mediumslateblue #7B68EE 123,104,238
royalblue #4169E1 65,105,225
blue #0000FF 0,0,255
mediumblue #0000CD 0,0,205
darkblue #00008B 0,0,139
navy #000080 0,0,128
midnightblue #191970 25,25,112
Cores Marróns
cornsilk #FFF8DC 255,248,220
blanchedalmond #FFEBCD 255,235,205
bisque #FFE4C4 255,228,196
navajowhite #FFDEAD 255,222,173
wheat #F5DEB3 245,222,179
burlywood #DEB887 222,184,135
tan #D2B48C 210,180,140
rosybrown #BC8F8F 188,143,143
sandybrown #F4A460 244,164,96
goldenrod #DAA520 218,165,32
darkgoldenrod #B8860B 184,134,11
peru #CD853F 205,133,63
chocolate #D2691E 210,105,30
saddlebrown #8B4513 139,69,19
sienna #A0522D 160,82,45
brown #A52A2A 165,42,42
maroon #800000 128,0,0
Cores Gama Brancas
white #FFFFFF 255,255,255
snow #FFFAFA 255,250,250
honeydew #F0FFF0 240,255,240
mintcream #F5FFFA 245,255,250
azure #F0FFFF 240,255,255
aliceblue #F0F8FF 240,248,255
ghostwhite #F8F8FF 248,248,255
whitesmoke #F5F5F5 245,245,245
seashell #FFF5EE 255,245,238
beige #F5F5DC 245,245,220
oldlace #FDF5E6 253,245,230
floralwhite #FFFAF0 255,250,240
ivory #FFFFF0 255,255,240
antiquewhite #FAEBD7 250,235,215
linen #FAF0E6 250,240,230
lavenderblush #FFF0F5 255,240,245
mistyrose #FFE4E1 255,228,225
Cores Grises
gainsboro #DCDCDC 220,220,220
lightgrey #D3D3D3 211,211,211
silver #C0C0C0 192,192,192
darkgray #A9A9A9 169,169,169
gray #808080 128,128,128
dimgray #696969 105,105,105
lightslategray #778899 119,136,153
slategray #708090 112,128,144
darkslategray #2F4F4F 47,79,79
black #000000 0,0,0
Acerca de
Evanxelista dos Medios Sociais e do Marketing dixital. Coacher Social Media para PEMEs e ONLs.
Etiquetado con:
Publicado en Edición, Trucos, Widgets
Un comentario en “Editar texto en WordPress con HTML
1. […] vez que temos mirado algúns aspectos avanzados do formateado de texto con WordPress, imos adentrarnos na xestión de […]
Gústame
Deixar un comentario
Inscribete na nova edición
Word Press básico19 Xaneiro 2014
Imos a aprender xuntos a facer un blogue con WordPress partindo de cero. Apuntate no formulario de abaixo.
Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.
Sigueme no Twiter
Cooperland
Inscripcion Cooperland
Free Soft Foundation